Evento: Carolina Blanco: Temple Flamenco Pasión sobre as tablas
Carolina Blanco: Temple Flamenco Pasión sobre as tablas
Profesional da Danza, Pilates e Flamenco, Xestión Cultural e Animación socio-cultural
Experta Universitaria en xestión cultural pola Universidade de Santiago de Compostela. Son unha profesional dinámica e versátil, creo e xestiono proxectos culturais de maneira independente e en colaboración con empresas e institucións, sempre movida polo meu interese na pedagoxía do movemento, e na dinamización cultural.
Estou convencida en que a arte, a cultura e a tradición poden ir acompañadas do progreso e a innovación,
e que a sensibilidade ante experiencias artísticas fainos mellores persoas, máis sensibles e conectadas entre si e coa nosa contorna.
Como Bailaora e directora artística de Amorne Flamenco tiven o privilexio de bailar en escenarios tanto nacionais e internacionais e colaborado en producións con outros artistas do mundo do Flamenco, a Música Clásica, o Rock, o Folk, o Teatro e a Fotografía.
Desde o Norte de España creo e dirixo espectáculos flamencos e festas temática, clases regulares e workshop de flamenco e sevillanas.