Evento: A illa sen tesouro
A illa sen tesouro
A illa sen tesouro
Teatro de rúa.
A illa sen tesouro é a nova proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Musica, bailes, pelexas de espadas e toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos. E un guiño a un clásico literario para toda a familia.
Ligazóns