Evento: Vicente Antequera, barítono / Óscar Oliver, piano

Vicente Antequera, barítono / Óscar Oliver, piano
luns, 7 decembro, 2020 - 20:00
Círculo das Artes,
Lugo

Vicente Antequera, barítono / Óscar Oliver, piano

Concerto de música clásica

Vicente Antequera, barítono

Nace en Valencia, onde realiza os seus estudos musicais obtendo o título superior de canto. Posteriormente completa a súa formación na Opera-Studio de Genève e na Scuola musicale di Milano con Bianca Maria Casoni. Durante ese período recibe leccións de mestres coma Francisco Valls, Ian Baar, Lorraine Nubar, Renato Bruson, Bonaldo Giaiotti, Carlos Chausson e Giulio Zappa para o repertorio de ópera en centros musicais como o Festival lírico internacional de Callosa d’en Sarriá, a Academia musical de Niza ou a Academia Chigiana de Siena entre outros e con Miguel Zanetti, Wolfram Rieger ou Dalton Baldwin en repertorio de cámara. É premiado nos concursos de Orvieto e Pavía (Italia), en cuxos festivais debuta a Bohème (Marcello) e Elisir d’amore (Belcore).

O seu repertorio comprende obras de diferentes épocas, dende o barroco ata a música contemporánea, levándoo esta a participar nos XX e XXI Festivais internacionais de música contemporánea de Valencia ENSEMS, onde estrea obras de Luis de Pablo ou Mauricio Sotelo entre outros. En 2013 protagonizou a estrea da ópera O versador de Josep Sanz Biosca. Ofrece variedade de recitais entre os que se encontran os realizados para o Círculo de amigos del Liceo de Barcelona e Amigos de la ópera de Madrid. Intervén no festival La huella de España na Habana, na capital cubana interpretando El retablo de maese Pedro de Falla con produción do Instituto valenciano de la música, participou na estrea absoluta de obras en España como Der Kaiser von Atlantis de Víktor Ullmann.

Óscar Oliver, piano

Nace en Massalavés (Valencia) en 1976. Aos 8 anos ingresa na Escolanía de Valencia onde comeza a estudar canto, órgano, violín e piano, sendo nomeado organista da Real Basílica de Valencia á idade de 13 anos. Máis tarde, gradúase no Conservatorio Superior de Valencia, coas máximas cualificacións, baixo tutela de Victoria Alemany e Adolfo Bueso, perfeccionándose máis tarde con Ramón Coll en Barcelona e con Ana Guijarro en Madrid. Tamén recibiu clases de Graham Jackson e Rita Wagner.

O seu interese pola música vocal e pola música de cámara levouno a colaborar cos máis destacados músicos e cantantes valencianos. Froito desta actividade camerística ofreceu recitais en cidades como Praga, Neuchatel, Laussane, Sión, Innsbruck, así como nas principais salas españolas invitado pola Universitat de València, Juventudes Musicales, Ibercaja, Amics del Liceu, a Fundación FIDAH e l’HAMU de Praga entre outros.

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes
Candlelight: Queen vs. ABBA
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Tributo a Coldplay
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5