Evento: Concerto de acordeóns: Caamaño-Ameixeiras e Joaquín Enríquez
Concerto de acordeóns: Caamaño-Ameixeiras e Joaquín Enríquez
Joaquín Enríquez como solista conseguiu galardóns como o segundo premio no 49 Certame de Acordeón de Maceda (Ourense) participando na categoría Excelente, maior categoría na modalidade de solista; e en canto á categoría de dúos cabe mencionar os primeiros premios conseguidos no 14 Certame Internacional de Torrelavega en Cantabria e no 47 certame nacional de acordeón celebrado en Celanova (Ourense).
No 2010 grazas a quedar na terceira posición na categoria «Trofeo Nacional Xacobeo» no Certame nacional de Ourense foi elixido como un dos 5 representantes de España no 60 Trofeo mundial do acordeón que se celebrou en setembro en Vigo; quedando nun 5º posto no devandito mundial.
Ao longo da súa traxectoria realizou numerosas actuacións e concertos; como solista destaca a actuación celebrada o 9 de outubro do 2007 na Casa de Galicia de Madrid, delegación da Xunta de Galicia na Capital, onde foi presentado polo Delegado da Xunta Alfonso S. Pombais.
Tamén no que se refire á súa traxectoria individual destacaremos o seu primeiro traballo discográfico, Misturas, un cd composto por diferentes temas no que se mesturan diversos estilos musicais, interpretados en solitario e co acordeón como único compañeiro. O cd foi gravado nos estudos de Rádioa Televisión de Galicia por Pablo Barreiro e masterizado en Mandeo Records por Daniel López.
Pero non só tivo a sorte de poder realizar actuacións de forma individual; pois puido actuar xunto a outros músicos entre os que destacan o mestre e afinador Manuel Cociña ou a Coral Polifónica Eixil de Cedeira.
Durante a súa formación asistiu a cursos con ilustres profesores como Oleg Sharov ou Javier Ramos e recibiu clases de harmonía e análise da música por parte do coñecido pianista ferrolán Teo Ramírez; estudos que lle posibilitaron compoñer 3 temas con música e letra propias: Himno de Esmelle, Cantiga a Serantes e a peza dedicada a Cedeira Mariñeiros de Cedeira.
Durante varios anos formou parte das rondallas ferrolás Bohemios e Sons do Alba, coas que realizou numerosas actuacións en numerosos lugares da comarca (Teatro Jofre de Ferrol, Mugardos, Ares) e coa última gravou un disco para o coñecido diario A voz de Galicia.Tamén colaborou de forma totalmente desinteresada coa ascociación de enfermos de Alzheimer de Ferrol (AFAL)
Máis eventos de tipo Concerto