Evento: Eu cociño, ti cociñas?

Eu cociño, ti cociñas?
sábado, 26 setembro, 2020 - 18:00
Auditorio municipal,
Rois

Eu cociño, ti cociñas?

Espectáculo músical infantil a cargo de Mamá Cabra

Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos
e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes
moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de
piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?
“Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que
parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio
perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado.
Eu cociño, ti cociñas? É tamén un delicioso libro publicado por Galaxia (2017) cheo de receitas e de cancións
para que os pequenos e as pequenas da casa nos deleiten cos mellores sabores.

Máis eventos de tipo Concerto

Festival Emerxentes
26 de abril a 28 de abril
Monte do Gozo
XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
28 de abril
Museo de Belas Artes
Concerto PunkInfantil
28 de abril
Auditorio Municipal Lois Tobío