Evento: Milladoiro

Milladoiro
domingo, 24 xullo, 2022 - 20:30
Concello de Miño,
Miño

Milladoiro

Concerto de música folk.

Tres andaban percorrendo Galicia polas romarías, as festas, os teatros sempre en contacto cn os vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Vos Campaneiros, vos irmáns Garceiras, vos Areeiras, vos Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Son Xosé V. Ferreirós, Fernando Casal e Ramón García Rei que formaban Faíscas do Xiabre, grupo de música tradicional nacido a beiras do Ulla, en Catoira, quen deixou un fermoso disco que deron en titular In memoriam.

Por outra banda estaban dous músicos que desde anos atrás afanábanse nas sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de peregrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Non eran tempos de abundancia e a inquietude era o testemuño dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco Milladoiro, Premio da Crítica no ano 78.

Coñeceron a quen nese tempo poñía en marcha o núcleo do futuro Grupo de Cámara da Universidade de Compostela. Fondos musicais de catedrais, arquivos de música antiga, etc. eran o seu afán, e así pasaron de cinco a seis coa chegada de Xosé A. Méndez. Tan só faltaba atopar violinista, tarefa case imposible na Galicia de entón, mais a emigración foi xenerosa e devolveu ao país a quen se marchou no seu día: Laura Quintillán, violinista de Milladoiro nos anos 79 e 80, posteriormente substituída por Michel Canada.

Actualmente o posto de violinista ocúpao Harry.c.

No ano 2000 produciuse no grupo a marcha de Rodrigo Romaní, incorporándose o harpista Roi Casal, así como o guitarrista Manú Conde.

 

  • "MILLADOIRO", LOS MEJORES MOMENTOS EN LEGANÉS

Máis eventos de tipo Concerto

Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Rockers go to Hell
30 de maio
Laroom
Samesugas+Bule+Paulo Pascual
31 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
The Lákazans
31 de maio
Club Clavicémbalo