Evento: Brocken Peach

Brocken Peach
martes, 11 agosto, 2020 - 22:30
Pistas de Campolongo,
Pontevedra

Brocken Peach

Concerto de rock & soul.

Podería dicirse que somos unha banda, podería dicirse que somos un coro, ou podería dicirse que somos un espectáculo para nenos e adultos e a verdade, podería dicirse que somos un pouco de todo. Creamos unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarnos das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretamos. A nosa formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano.

Unha das nosas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes.

O noso eclecticismo músical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.

Desde 2009 amenizamos inauguracións, aniversarios, festas e todo tipo de eventos musicais; dando o noso peculiar sopro de aire fresco. Durante este tempo colaboramos con entidades en grao sumo variado como Concellos (Vigo, A Coruña, Porriño, Tui, Ourense, As Pontes, Cedeira, Cangas, etc. ), Federación galega de comercio, grupo empresa Citroën, empresas de organización de eventos (Tecturis, Nova 21, Vanenfurgo S.L., Clouds Events, Fátima González, Pablo Méndez, Troula Animación, etc), Real Club Celta de Vigo, Real Club Náutico de Vigo, hoteis, como o Grán Hotel da Toja e centros comerciais (A Laxe, As Termas,etc).
Tamén colaboramos con artistas do panorama nacional como Alberto Comesaña, Peret, Joaquín Padilla.
A nosa faceta mediática levounos a percorrer os estudios de televisión de Luar, Bamboleo, Tourilandia, etc.

  • Beyoncé - Crazy In Love (by Broken Peach)

Máis eventos de tipo Concerto

Grex
23 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Luis Fercán
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5