Evento: Folk no Alobre- Abóbriga
Folk no Alobre- Abóbriga
Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactaron con varios músicos para facer unha colaboracións nunhas actuacións informáis, e tanto gustou o resultado que decidiron formalizar o grupo.
No 2012 veñen de lanzar o seu primeiro traballo discografico chamado “Foliada en Baiona”. Son 16 temas onde ofrecen unha mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propios coma o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares coma a “Foliada de Baiona” ou a “Muiñeira de Baiona”, recopiladas da tradición oral. Tamén hai que destacar a presencia dunha peza inédita, unha danza de espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.
Entre outros traballos editados tamén están o DVD en directo realizado por "Casa de Tolos" para a canle "Tolemias" de R gravado na Praza do Concello de Baiona.
O nome do grupo, "Abóbriga", provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a agrupación, a actual Baiona.
Máis eventos de tipo Concerto