Evento: Peter Punk-Punkdemia

Peter Punk-Punkdemia
mércores, 20 xullo, 2022 - 21:30
Praza de Macías,
Padrón

Peter Punk-Punkdemia

Espectáculo viral no que nos mostrarán a súa particular visión da pandemia.

Peter Punk está de volta para converterse no Doutor Punkdemia. Presenta un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, mostrará a súa particular visión da pandemia.

Neste espectáculo adaptado á nova normalidade, veremos como vístese un pallaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus e asistiremos a unha técnica novidosa para botar o virus do noso corpo empregando globos de maneira sorprendente. Contaremos coa axuda de Tranquilo, un vello amigo de Peter Punk sempre disposto a colaborar. E pra finalizar, daremos a volta á curva para descubrir a Vacina da Risa. E subiremos na Corentrona, unha cadeira de rodas na que Peter Punk mostrará as súas habilidades e baixará a rampla da desescalada pra bater co muro dos recortes. Conseguirá derrubalo?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto
Praza do Corgo
A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento