Evento: Novos Cinemas

Novos Cinemas
martes, 15 decembro, 2020 a domingo, 20 decembro, 2020
Varios espazos,
Pontevedra

Novos Cinemas

Festival de cinema.

Novos Cinemas é un festival de cinema aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse exclusivamente todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxo estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2020 e que non fosen estreados comercialmente en España nin exhibidos en circuítos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscrición a concurso.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos