Evento: Máis Que Blues 2020: Marcos Coll + Baking Blues Band

Máis Que Blues 2020: Marcos Coll + Baking Blues Band
sábado, 18 xullo, 2020 - 22:30
Sala Rouge,
Vigo

Máis Que Blues 2020: Marcos Coll + Baking Blues Band

Concertos de blues.

O Mais que Blues-Cervexas Alhambra  volve adaptándose aos novos tempos que nos toca vivir en presenza do Covid-19. Para comezar o novo camiño decidimos facer algo especial, tres concertos nun, dando voz ás bandas galegas que tanto fan polo Blues na nosa Terra, e que mellor modo de comezar esta nova andaina que da man dun grande do BLUES como é Marcos Coll, fundador xunto a Adrian Costa dos míticos Os Reyes do KO banda referente do Blues en Europa e que chegou a compartir escenario xunto a lendas do xénero como: Buddy Guy, Chuck Berry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals ou os Fabulous Thunderbirds.

Esta noite onde poderemos vivir en primeira persoa o poder do Blues en Galicia, Marcos Coll estará arroupado por dous das formacións máis relevantes no noso panorama, como son The Fabulous Resaca Brothers e a Bakin Blues Band , que seguro farán as delicias de todo amante da boa música.

Co apoio incondicional de Cervexas Alhambra volvemos á Rouge (Vigo) con ganas de sentir unha vez máis a forza e a maxia da música en directo.

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello