Evento: Hilda Rock e Álvaro Lamas
Hilda Rock e Álvaro Lamas
Dúo ferrolano coa voz de Hilda Rock e as cordas de Álvaro Lamas.
Influenciada pola música negra, o jazz e o rock, Hilda empeza con 20 anos a súa carreira musical, acompañada por distintos guitarristas. Actualmente é a voz solista do quinteto de jazz Five on Blues e Hilda Rock & The Band.
En 2015, coñece a Álvaro Lamas, guitarrista considerado como o mellor musico de steel guitar nacional. Foi compoñente do grupo Los Limones, gravou varios temas con Los Secretos e colabora con varias bandas de Ferrolterra.
Xuntos forman un dúo no que destaca o estilo de música estándar americana (country, rockabilly, rock n' roll...). As súas versións van dende os clásicos de Elvis Presley ata Nancy Sinatra, pasando por Amy Winehouse ou Imelda May.
Cada entrada ten validez para unha visita guiada á exposición Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación.