Evento: Dj Moe
Dj Moe
Despois de anos traballando como DJ e soñando con emprender unha nova traxectoria chegou o momento de poñer en marcha a discoteca móbil "Ministry of Entertainment". No 2007 con moitas ganas e ilusión botou a andar este proxecto tras comprar todo o equipo necesario: altofalantes, mesa de mesturas, luces, máquina de fume... A ésto houbo que sumar moitas horas traballando no deseño e montaxe da discoteca móbil, un traballo que nunca está concluído pois constantemente estase ampliando o equipo e estudando como mellorar o noso traballo para ofrecer a todos os nosos clientes a mellor experiencia e o mellor servizo.
Como discoteca móbil participamos nos máis diversos eventos principalmente dentro da comunidade autónoma de Galicia aínda que cando a ocasión requíreo desprazámonos alá onde nos contraten.