Evento: Enclave de Cámara: Hércules Brass

Enclave de Cámara: Hércules Brass
xoves, 3 xuño, 2021 - 20:30
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Enclave de Cámara: Hércules Brass

Ciclos de concertos de música clásica.

Hércules Brass Quinteto de metais nace na Coruña no ano 2012 e está formado por mozos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Nova Orquestra Nacional de España.

Nos seus comezos Hércules Brass foi finalista no 8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet celebrado en Alemaña, semifinalista no 8th International Chamber Music Competition en Francia e obtivo o Primeiro Premio do IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza en Benimodo.

Profundaron na música de cámara no Curso de Especialización de Música de cámara na EAEM (Escola de Altos Estudos Musicais) de Santiago de Compostela.

O seu interese por ampliar e dar a coñecer o repertorio para quinteto de metais é patente no seu labor didáctico co proxecto VOS SUPERHÉRCULES; e no feito de que compositores galegos como Xoan Antón Vázquez, Fernando Arias e Juan Durán, dedicáronlle obras. Así como a súa participación no proxecto Non Bico un Cantar, interpretando adaptacións para 400 nenos e nenas e metais, organizado polo Consello da Cultura Galega.

O mozo ensemble actuou en Galicia, Zamora, Asturias, País Vasco, Comunidade Valenciana, Cataluña, Madrid e Suíza. Así mesmo, en 2012 foron convidados pola JONDE para participar como profesores na Orquestra Manuel María Gutiérrez e unha serie de concertos en Costa Rica.

Na súa curta traxectoria xa actuaron como solistas coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, a Banda Unión Musical de Meaño, a Banda Municipal da Coruña e a Orquestra Sinfónica de Galicia.

Ademais, participaron en festivais como o IX Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas, Festival Spanish Brass Alzira 2013, Festival Ticino Musica 2013 en Suíza, este último como quinteto residente.

Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de «Música Nova» en Radio Clásica de RTVE e recibiron o Primeiro Premio no «eMuse» Online Music Competition 2014.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal
Xira 25 aniversario
27 de xuño
Auditorio Constante Liste
Back To Glory Days
27 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Conto-concerto
28 de xuño
Praza García Barbón