Evento: Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre + Guadi Galego

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre + Guadi Galego
sábado, 4 xullo, 2020 - 20:00
Auditorio Pazo da Cultura,
Pontevedra

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre + Guadi Galego

Concerto de música galega

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre estaban programadas para as Matinés do Principal o pasado mes de maio e Guadi Galego estaba programada para outubro dentro do ciclo Voices. «Decidimos facer unha fusión de ciclos onde ambos presenten os seus traballos», explicou a edil pontevedresa Fouces.

Este será o primeiro concerto da xira de As catedrais silenciadas, o terceiro álbum da aventura de Xabier Díaz xunto ás Adufeiras de Salitre. Pola súa banda, Guadi Galego presentará Immersión, o seu novo álbum que se erixe como unha revisión en varias linguas afíns a Guadi, por territorio, cultura e emoción.

Sobre Xabier Díaz:

Transcorreron xa seis anos desde o anuncio de separación definitiva para Berrogüetto, unha circunstancia traumática para moitos amantes da música galega, pero a Xabier Díaz rendeulle o tempo máis que a ningún outro dos integrantes do septeto nado en Vigo. Amante fervoroso da tradición oral e coñecedor de ducias de informantes rurais e probablemente miles de coplas terruñeras, Díaz desenvolveu o seu talento en múltiples frontes, pero este proxecto en primeira persoa xunto a Adufeiras de Salitre serviulle como horma para o zapato.

Sobre Guadi Galego:

Inmersión, o novo disco de Guadi Galego. Constitutído por 11 temas anteriormente publicados, e un inédito (Balada de Verán, en colaboración con Lisandro Aristimuño e Germán Díaz ), Inmersión foi definido como ?unha reinterpretación da súa propia música, cancións doutras épocas, explorando territorios musicais diferentes. Sete idiomas afíns á artista (galego, castelán, asturiano, catalán, eúscaro, portugués, e occitano-aranés), estarán presentes no disco, que conta con colaboracións de artistas como Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Xabier Díaz, Judit Neddermann, Lisandro Aristimuño, Álex Ínsua?

  • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - O baile de Noró

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria