Evento: Fluor 2020: Congreso Atlántico de Marketing Dixital

Fluor 2020: Congreso Atlántico de Marketing Dixital
martes, 16 xuño, 2020 a xoves, 18 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Fluor 2020: Congreso Atlántico de Marketing Dixital

Congreso de Marketing Dixital.

Tres días de videoconferencias, mesas redondas e workshops online con máis de 20 profesionais especialistas en Negocio Dixital, Ecommerce & Marketing Automation, Estratexia de Marca e Customer Service & Transformación Dixital.

FLÚOR é unha plataforma que identifica, interconecta e dá visibilidade e proxección ao talento dixital máis importante en España. Un proxecto aberto e en construción organizado polo Cluster de Comunicación de Galicia e Markea para responder á necesidade latente de achegar as experiencias e o coñecemento a Galicia e para poñer en evidencia e fortalecer o principal activo deste país: a creatividade e o márketing dixital.

Un espazo e experiencia única onde se reunirán destacados e innovadores profesionais do panorama nacional e internacional para mostrar os seus proxectos, contar as súas experiencias e compartir os seus coñecementos. Queremos ser máis que un congreso, máis que un evento, máis que unha reunión FLÚOR chegou para destacar!

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal