Evento: Sol e cardos: Campamento de verán

Sol e cardos: Campamento de verán
luns, 27 xuño, 2022 a venres, 29 xullo, 2022
Fundación Luís Seoane,
A Coruña

Sol e cardos: Campamento de verán

Campamento que acolle a obra de Luis Seoane.

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Sol e cardos, o campamento de verán que, entre os meses de xuño e xullo, achegará a obra plástica e o pensamento de Luis Seoane a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

Sol e cardos, o campamento de verán da Fundación Luis Seoane regresa este ano cunha nova edición dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas, levarán a cabo unha serie de actividades ao redor da obra plástica e o pensamento de Luis Seoane. Nesta ocasión, o formato dos obradoiros inspiraráse na estrutura de Laboratorio Escóitasme, a proposta didáctica online da Fundación Luis Seoane enfocada aos máis pequenos e ás súas familias, que se desenvolveu durante o período de alarma a través de dobres sesións teóricas e prácticas.

O custe da matrícula é de 50 euros por semana, cun 10% de desconto para grupos de dous ou máis irmáns, ou no caso de querer inscribirse en dúas ou máis semanas (prazas limitadas).

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense