Evento: Día da Música: Chisme
Día da Música: Chisme
Esta celebración tripla suporá ademais a primeira actividade presencial da programación cultural da Cidade da Cultura. Poderedes asistir de balde, pero baixo retirada de convite en ataquilla.com xa que o acceso será limitado polas medidas de seguridade sanitarias post-covid19, polo que a asistencia restrinxirase a 60 persoas por cada concerto.
No entanto, ninguén que desexe escoitar a estas tres formacións/artistas vai quedar se facelo!! porque serán retransmitidas en streaming pola canle de youtube da Cidade da Cultura.
Proxecto musical de Fernando Epelde (tamén coñecido por ser dramaturgo e actor na compañía de teatro Voadora). Tras unha serie de álbums marcados pola experimentación formal e por fíos conceptuais que o levaban a explorar territorios como o da arte sonora, a electrónica minimalista ou o pop cibernético; abraza en 'Todo é ficción' un rexistro máis preto que nunca do 'formato canción': melodías pegañentas, unha sonoridade que mantén a súa conexión con texturas electrónicas pero cunha afouteza e unha pegada que lembran a xéneros como a new- rave ou o pop groove máis espacial.
No Gaiás presenta temas do seu último traballo 'Todo e ficción' e tamén de anteriores proxectos.