Evento: Día da Música: Faia
Día da Música: Faia
Esta celebración tripla suporá ademais a primeira actividade presencial da programación cultural da Cidade da Cultura. Poderedes asistir de balde, pero baixo retirada de convite en ataquilla.com xa que o acceso será limitado polas medidas de seguridade sanitarias post-covid19, polo que a asistencia restrinxirase a 60 persoas por cada concerto.
No entanto, ninguén que desexe escoitar a estas tres formacións/artistas vai quedar se facelo!! porque serán retransmitidas en streaming pola canle de youtube da Cidade da Cultura.
Faia
Cantante e investigadora, tamén é licenciada en Historia da arte. Foi bolseira na Habana, Perugia e Barcelona, onde cursou estudos de etnomusicoloxía, cinema e crítica artística, e está formada en dixitalización e catalogación do patrimonio artístico. Como cantante, é membro do coñecido grupo galego De Vacas, que ten actuado na Cidade da Cultura.
No Gaiás presenta 'Ao cabo leirín', o seu primeiro disco, un traballo de investigación do cancioneiro tradicional pero tamén da súa propia voz e dos espazos sonoros que a arroupan, desde o recuncho solitario da taberna ao calor dunha cheminea.