Evento: Xestión Kanban básica
Xestión Kanban básica
Esta xornada técnica estará dedicada a introducir aos/ás asistentes nos principios e regras de funcionamento do Sistema de Xestión Kanban; a súa definición; a súa evolución a partir de Lean; así como a súa aplicación á xestión de proxectos e equipos que funcionan en contornas áxiles, tanto os máis noveis como os avanzados.
O evento completarase con algúns exemplos prácticos da implantación de Kanban en equipos con base ITIL (Incident e Change Management) e noutros que traballan con marcos Agile/ Scrum.
O relator será Javier Morillo Oteo, Agile coach e formador con máis de 30 anos de experiencia no sector TIC. Durante quince anos foi account delivery executive (ADE) de Hewlett Packard Enterprise como responsable do servizo en contas de tamaño medio-grande e xestionando os equipos de Delivery e de Oficina de proxectos.
Actualmente forma parte do equipo de Estratecno, participando en transformacións áxiles/dixitais como coach áxil e formador experto en Scrum, SAFe, Kanban, Lean e ITIL. Conta con experiencia como scrum master en compañías de sectores como banca, seguros e telecomunicacións, acompañando a equipos e organizacións na súa traxectoria cara á utilización de métodos áxiles.
Máis eventos de tipo Obradoiro