Evento: GaliHome Fest
GaliHome Fest
A ONG Cruz Vermella de Ferrol e a Sala INK Narón organizan o GaliHome Fest, que se emitirá a través das redes sociais o día 16 de maio, cun cartel formado por preto de vinte cantantes, bandas, orquestras e Dj´s.
O GaliHome Fest emitirase a través da rede social Facebook -nas páxinas da sala naronesa e da ONG en Ferrol e tamén en Galicia, e nos perfís dalgúns dos artistas invitados- e de rádioa Fórmula Fun Galicia de Narón.
Todos os fondos recadados destinaranse a Cruz Vermella Ferrol. No cartel do GaliHome Fest aparecen Sabela (de Operación Triunfo 2018), Irene Caruncho (gañadora do programa A Voz en 2017), Adrián López, Juanfran, Compota e Federato; as orquestras París de Noia, Cinema e Nova York (non se descarta algunha formación máis); A Banda dá Loba, Tanxugueiras, o grupo Beatriz e Ao Vila; e os Dj Wenry, Mr. Cong (convidado) e algún máis pendente de confirmar.