Evento: Baía edicións con vos na casa: O dragón comemedo
Baía edicións con vos na casa: O dragón comemedo
En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.
Un día Bernal, un neno con tanto medo que case non podía facer nada, encontrou un dragón grandísimo. A situación semellaba terrible até que descubriu como encoller o dragón e con el todos os seus medos.