Evento: Pictocuentos: Carapuchiña vermella
Pictocuentos: Carapuchiña vermella
Caperucita era unha nena que quería moito á súa avoíña, e un día a súa nai deulle unha cesta chea de comida para que levase a merenda á avoíña , que vivía nunha casa no bosque, porque estaba enferma.
Caperucita atopouse cun Lobo Feroz no camiño que a retou a correr unha carreira cara á avoíña. Díxolle que había dous camiños, un longo e un curto. Díxolle a Caperucita que ela tomase o curto e que el tomaría o longo, pero o moi astuto ensinoulle os camiños ao revés e Caperucita, sen sabelo, tomou o camiño longo. O Lobo, chegou antes á casa, fíxose pasar por Caperucita e ante a porta preguntou se podía pasar. A avoa díxolle que pasase, que a porta estaba aberta, o Lobo Feroz entrou e comeuse á avoa dun só bocado, púxose a roupa para facerse pasar por ela e meteuse na cama para esperar a Caperucita.
Unha vez que Caperucita chegou á casa, empezou a falar con quen cría que era a avoíña (que en realidade era o lobo)