Evento: ¿Qué se coce en MEGA? con Marta Rodríguez
¿Qué se coce en MEGA? con Marta Rodríguez
Compañeira espumosa e refrescante de aperitivos, comidas e festas, a cervexa ten unha orixe milenaria e moitas curiosidades. E sen dúbida, ten moitos seguidores dispostos a coñecer máis sobre a súa historia e elaboración. O ano pasado abriu o Museo da cervexa MEGA na planta cervexeira de Estrela Galicia na Coruña.
En máis de 2500 metros cadrados os visitantes coñecerán a historia desta bebida sacra, os procesos artesanais que levan a cabo na fábrica para realizar as diferentes variedades de cervexa, probar os distintos tipos de cebada e os aromas de lúpulo...
Na antiga sala de cadeiras poderase ver o produto que se elabora nese momento, tan só unha pequena parte do proceso. Ou, dando un salto á fase final, poderemos ver as históricas botellas que ao longo de máis de cen anos conservaron a cervexa, as diferentes campañas publicitarias...
Máis eventos de tipo Obradoiro