Evento: Papiroflexia na casa con Jorge Pardo. Facemos un vaso

  • Papiroflexia na casa vaso
Papiroflexia na casa con Jorge Pardo. Facemos un vaso
luns, 4 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Online,
Santiago de Compostela

Papiroflexia na casa con Jorge Pardo. Facemos un vaso

Online

Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordiandor da exposición «Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia», apréndenos a facer figuras básicas con papel. Esta exposición, que itinerou xa polas nosas sedes da Coruña e Ferrol, ilustra a vital relación entre as matemáticas e a papiroflexia ou origami, e nela puidemos desfrutar de pezas de valor case escultórico nas que non se usaron cola nin tesoiras, tan só papel encartado.

Este recurso online enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.

O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.

  • Papiroflexia na casa con Jorge Pardo. Facemos un vaso

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Actividades de verán Museo Massó
Obradoiros infantís
10 de xullo a 26 de xullo
Museo Massó
campamento_castrexo
Campamento castrexo
14 de xullo a 24 de xullo
Museo do Castro de Viladonga