Evento: Conversas sobre o viño. Viño XXI con Xoan Cannas
Conversas sobre o viño. Viño XXI con Xoan Cannas
A primeira conversa do ciclo «Viño XXI» será entre Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño, e Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Catador Profesional do Instituto Galego do Viño. Juanjo impartiu clase a máis de 2000 alumnos en toda Galicia, moitos deles nos Certificados en Cultura do Viño realizados nas sedes de Afundación, nivel 3 da WSET, e foi representante de Galicia no Campionato de España de Catadores ata en cinco ocasións.
Este recurso online enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.
O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.