Evento: Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)

Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
mércores, 1 abril, 2020 a sábado, 30 maio, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)

Visita virtual

O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) é un museo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inaugurado en outubro de 2004. A creación do museo supón a materialización dun vello proxecto de 1926 que pretendía fundar un centro museístico galego especializado en materia educativa.

O seu obxectivo fundamental é recuperar, protexer, mostrar e difundir o rico patrimonio educativo de Galicia.

Ao longo de tres plantas móstrase a evolución da escola galega a través do tempo. Pódense ver recreacións de aulas desde o século  XIX ata a EGB, curiosos obxectos escolares ou xoguetes que utilizaban os nenos e as nenas de antes. Se desexa viaxar no tempo e volver á infancia ou achegarse á escola dos maiores, o Mupega pon á súa disposición unha aula antiga para sentirse como un alumno do pasado.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó