Evento: Museo das Peregrinacions e de Santiago
Museo das Peregrinacions e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago é unha institución que, a pesar da súa mocidade, ten unha longa traxectoria. Creado en 1951 por iniciativa de Manuel Chamoso Lamas (1909-1985), o seu obxectivo inicial era abordar a historia da cidade e o fenómeno das peregrinacións. Tras varios anos pechado ao público, abriu definitivamente as súas portas en 1996 como museo de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia.
A súa actual denominación, establecida en 2007, reivindica o seu carácter como "institución museística nacional e centro de documentación, investigación e interpretación de Santiago e das peregrinacións".
A adquisición de novas coleccións e a necesidade de ampliar espazos e mellorar servizos, levou á incorporación no ano 2015 do edificio da Praza de Praterías, antiga sede do Banco de España, que é a nova sede expositiva do Museo. Foi rehabilitado entre 2009 e 2012 polo Consorcio de Santiago como segundo o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Ademais do edificio de Praterías o museo conta cunha sede administrativa na denominada Casa Gótica, un dos escasos exemplares de arquitectura civil do século XIV que se conservan en Santiago.