Evento: Galicia na túa casa: Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil

Galicia na túa casa: Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil
mércores, 1 abril, 2020 a sábado, 30 maio, 2020
Evento online,
Ourense

Galicia na túa casa: Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil

Visita virtual ao mosteiro de Ourense

A fachada principal da igrexa forma ángulo recto coa entrada do mosteiro, solución que se coñece como compás de entrada. Está orientada cara ao oeste, como é costume. Acolle, ao redor da súa entrada, o pequeno cemiterio parroquial, xa que o templo cumpre coa función de parroquia para a poboación veciña.

O templo é de estilo románico, realizado a finais do século XII e principios do XIII. Ten planta basilical con tres ábsidas semicirculares na cabeceira. A nave está cuberta por unha bóveda de crucería, que substituíu no século XVI ao orixinal teitume de madeira.

As dúas ábsidas laterais teñen aspecto de torreón ao ser modificados, aumentando a súa altura, no momento no que se construíron as bóvedas da naves do templo.

A fachada principal está enmarcada por dúas torres prismáticas construídas a finais do século XVII e principios do XVIII. Dous grandes contrafuertes románicos flanquean a portada.

No interior destaca o retablo en pedra do século XII, representando a Xesucristo e os doce apóstolos, que foi achado nun dos muros do claustro grande, e a colección de retablos que amoblan o templo

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Ourense removido
20 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense