Evento: Festival da Luz

Festival da Luz
sábado, 14 marzo, 2020 - 09:30
Varios espazos,
Nigrán

Festival da Luz

Un cento de voluntarios protagonizarán a plantación do "Bosque da luz"

Concello de Nigrán, Comunidad de Montes e Asociación de Veciños de Chandebrito organizan xunto a asociación 'Galicia Ambiental' a plantación de castiñeiros 'Bosque da luz' este sábado e domingo na parroquia. Un cento de voluntarios inscritos desde toda España participarán neste programa que xurde a través do proxecto 'Arbores de cinza' e que conta co apoio do 'Festival de la Luz' de Boimorto amadriñado por Luz Casal. Serán dous días de confraternidade co pavillón do Colexio Estudio de Chandebrito como 'albergue', sendo o sábado a xornada máis completa coa realización de dúas reforestacións (mañá e tarde) e o concerto ás 22:30 de San Rockers e The Soul Jacket como colofón (as dúas bandas de rock con raigame en Nigrán). Para este evento musical a Comunidade de Montes solicita un donativo de 5 € como entrada simbólica destinada a continuar coas plantacións na parroquia (pódese facer a aportación no mesmo día).

Coincidindo o sábado co 40 aniversario do falecemento de Félix Rodríguez de la Fuente, realizaranse tamén actividades paralelas pensadas especialmente para un público infantil. Ademais, inaugurarase un monolito en agradecemento aos promotores do evento e o domingo pola mañá, como despedida dos voluntarios ao mediodía, terá lugar unha andaina etnográfica pola parroquia.

"Son dous días de convivencia e confraternidade con voluntarios de toda España e o sábado contará co concerto de San Rockers e The Soul Jacket para todo o público que desexe asistir. É unha honra acoller este programa de voluntariado en Chandebrito e desde o Concello estamos encantados de colaborar nel", sinala o alcalde, Juan González.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola