Evento: Storytime for kids
Storytime for kids
martes, 24 marzo, 2020 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Storytime for kids
Actividade cancelada
Storytime for Kids é un programa de contos no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.
O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.
Na sesión de hoxe cóntanos dous contos:
Daniela the Pirate, de Susanna Isern. A historia dunha nena que soña con ser pirata no barco máis temible.
Green Eggs and Ham, de Dr. Seuss. Un conto popular con moitas rimas divertidas.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Na sala infantil, entrada libre.