Evento: Coro Universidade de Santiago de Compostela - Músicas a carón da Mosqueira

Coro Universidade de Santiago de Compostela - Músicas a carón da Mosqueira
luns, 11 maio, 2020 - 20:30
Círculo das Artes,
Lugo

Coro Universidade de Santiago de Compostela - Músicas a carón da Mosqueira

Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica.

O Coro da Universidade de Santiago de Compostela foi fundado o ano 1979 por iniciativa da Vicerreitoría de Extensión Universitaria. A tarefa da súa posta en marcha foi encomendada a Maximino Zumalave, que asumiu a dirección até o ano 1985. Logo desa data puxéronse sucesivamente ao fronte da agrupación Xan Viaño, Margarita Guerra, Juan Carlos García Pardo e Juan Carlos Dorgambide. Dende 1999 está dirixido por Miro Moreira, profesor de Canto Coral e Formación Vocal da USC. 

Dende os seus primeiros anos de andadura compaxinou o repertorio a capella coa interpretación de grandes pezas clásicas da literatura musical como A Pequena Misa Solemne de Rossini, Mesías de Händel, Pequeno Libro de Órgano de J.S. Bach, Responsorios de Tebras de Victoria, Stabat Mater de Haydn, Ceremony of Carols de Britten ou Magnificat de Vivaldi, entre outras. Interviu en diversas ocasións nos festivais de ópera da Coruña e, como importante aspecto do seu labor divulgativo, destaca a recuperación de pezas de mestres de capela das catedrais galegas como Melchor López ou Diego de Muelas.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Bad Manners + The Eskarallas
15 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo