Evento: Pablo Sanmamed Trío

Pablo Sanmamed Trío
domingo, 9 maio, 2021 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Pablo Sanmamed Trío

Concerto de música clásica

Pablo Sanmamed - contrabaixo

Iago Mouriño - piano

Bruno Couceiro - batería

Comeza a funcionar no 2015,  presenta un repertorio integrado por composicións propias. Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares mesturados con partes líricas, no que buscan distintos puntos de vista dentro da sonoridad do trío estándar ( piano, contrabaixo e batería ), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz como doutras músicas.

En 2018 gravan 16/04, un disco integrado por 8 temas de autoría propia e unha versión.

Colaboran Pablo Añon ( saxo alto ) e Xosé Luís Miranda ( trombón ) en 4 cancións ( De BCN a SCQ, Viaxando com Óscar, Dujmei e L. H. ), ademais dun cuarteto de corda integrado por Elena Vázquez

( violín ), Xacobe Lamas ( violín ), María José Pampano ( viola ) e Macarena Montesinos ( violoncelo).

Gravado por Ramón Campos nos Estudos Corvo mariño e publicado pola Central Folque.

Con este trío tocan nos seguintes festivais :
Imaxinasons 2016, Burgojazz 2016, II Festival de Jazz de San Xoán, Feito a Mán, no Ciclo 1906 A Coruña , Ciclo Rúas Vivas de Noia, III Ciclo de Jazz Arteriola 2017, Festival Jazz de Bueu 2018, Ciclo Noite Jazzera, Rede de Salas Galescena, Ciclo Clubtura 2018.

Ciclo A arte do Trio 3º edición - Vitruvia 2019, Festival Estación de Jazz Teatro Colón 2019, Ciclo Jazz na Rúa Nova Teatro Principal 2019

  • Pablo Sanmamed Trio. Duas Mulheres.

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
21 de xullo
Casa da Cultura
Wolfmother
21 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ecoralia a lambona ecolóxica
22 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
22 de xullo
Sala Bahía