Evento: Procesión da Oración do Horto e Prendemento

Procesión da Oración do Horto e Prendemento
martes, 12 abril, 2022 - 22:30
Rúa do Campiño de San Francisco 3,
Santiago de Compostela

Procesión da Oración do Horto e Prendemento

PROCESIÓN DA ORACIÓN DO HORTO E PRENDEMENTO Confraría Franciscana da Veracruz
Celebración Martes Santo: 12 de abril de 2022
Horario 22:30 h
Sede
Igrexa conventual de San Francisco
Percorrido
Campiño de San Francisco - Rúa San Francisco - Praza do Obradoiro - Rúa do Franco - Travesa do Franco - Rúa do Vilar - Praza das Praterías (representación do Prendemento) - Rúa de Fonseca - Praza do Obradoiro - Rúa de San Francisco - Campiño de San Francisco.
A ter en conta...   Procesiona con cruz parroquial acompañada de carraca, música de banda de cornetas e tambores e música de banda municipal.   Os seus nazarenos visten hábito de sarga negra con puños, carapucha e faixa verde oliva.O paso da Última Cea do Salvador, premiado na Exposición Universal de París, é unha talla do escultor compostelán Sanmartín que data de 1864.O Nazareno de Medinacelli, que se saca en procesión, foi doado á confraría recentemente polas relixiosas da Compañía de María, igrexa compostelá na que se conserva unha réplica do mesmo.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola