Evento: Ezetaerre
Ezetaerre
Ezetaerre é un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A súa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartían estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.
A súa discografía está conformada polos longos Aspiracións mínimas e urxentes e Pólvora e tormenta, o maxi 100 e varios singles (A herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno).
O seu último single é A insurxencia por vir, no que fan unha homenaxe a todas as loitas da xuventude e ao camiño que esta constrúe. Con el pretenden comezar unha renovación na banda, demostrando deste xeito a súa vontade de seguir a construír ferramentas útiles para tombar este sistema.