Evento: Faladoiros Feministas

Faladoiros Feministas
venres, 24 abril, 2020 - 20:00
Vello Cárcere ,
Lugo

Faladoiros Feministas

Iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo e o Foro Feminista Maruxa Mallo

O ano 2020 trae un novo ciclo de faladoiros feministas a Lugo, con moi boa acollida e que ten como obxectivo a conexión do feminismo coa cidadanía, propoñendo alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, empoderar ás mulleres e loitar contra as violencias machistas.

O ciclo comezará o venres 17/01 co faladoiro de Towanda Rebels, ás 20:00 horas no Vello Cárcere de Lugo. Continuará ata o mes de maio coa celebración doutras catro citas, nas que intervirán Ana Iglesias, o 28 de febreiro; Marta Busquets, o 13 de marzo; Carmen Castro, o 24 de abril, e Mabel Lozano, o 22 de maio. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

 

17 de xaneiro. Faladoiro con Towanda Rebels. É unha canle de comunicación feminista formada por Teresa Lozano e Zua Méndez, comunicadoras e amigas, que atopan no feminismo unha forma de ser, de entender e de mirar a vida. Dúas mulleres que son quen de desactivar o patriarcado con risa, ironía e crítica.

28 de febreiro. Faladoiro con Ana Iglesias. Decana en Ciencias da Educación pola UDC, doutora en Psicopedagoxía e coautora de Educar en la ciudadanía, unha obra que sinala a necesidade de asumir a desigualdade de xénero como un dos núcleos estruturais que dificultan o pleno desenvolvemento da cidadanía.

13 de marzo. Faladoiro con Marta Busquets, licenciada en Dereito que se especializou en Dereito sanitario centrado nos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, así como no Dereito en relación coa lactancia e a maternidade.

24 de abril. Faladoiro con Carmen Castro,activista e feminista, e autora do libro Políticas para la igualdad.

22 de maio. Faladoiro con Mabel Lozano. Escribiu no 2017 El Proxeneta, unha historia real contada en primeira persoa, sobre un tratante de mulleres. No libro repasa a evolución da prostitución e a trata en España desde a década dos 80.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel