Evento: Dagla + Stormseeds

Dagla + Stormseeds
venres, 24 xaneiro, 2020 - 22:00
Sala Moon,
A Coruña

Dagla + Stormseeds

Noite de música

Dagla, banda stoner da Coruña, nace en 2013. Diego, Pedro, César e Javi conforman a base musical en composicións que mesturan rock, blues, metal ou punk, con letras en castelán cantadas por Mon que resultan nunha banda con son propio e un directo que non deixa a ninguén indiferente. O seu repertorio está composto por cancións longas de tinguiduras progresivas, que se intercalan con temas máis curtos e directos.
Tras editar o seu primeira demo con cinco temas e de compartir escenario con numerosas bandas da escena stoner nacional e internacional, en 2018 autoeditaron o seu primeiro EP, “El enemigo” (2018) un traballo que os levará a participar no Resurrection Fest 2019, entre outros festivais. 
O grupo está a traballar no que será o seu primeiro LP, que esperan poder editar a comezo de 2020.

Stormseeds nace no pobo ourensán de Maceda, a finais do 2013, con membros de varias bandas, tanto locais como de fóra. Por diversas circunstancias, o grupo comeza lento sen unha clara estabilidade, alternando longos períodos de inactividade. Debutan en agosto de 2016 sobre un escenario e comezan a dar concertos, tanto en locais como en festivais, cun set composto integramente por temas propios.
En 2017 gravan diversas maquetas e seguen tocando en directo? Pero non fué ata o ano 2018 no que a banda se decide a rexistrar o que será o seu primeiro disco: Euforia.

  • Stormseeds - Mentiras

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5