Evento: Two Rocks

Two Rocks
xoves, 23 xaneiro, 2020 - 23:00
Ícaro,
Vigo

Two Rocks

Adolfo FH e Fran Vázquez

Two Rocks é un dúo acústico de rock, con versións de clásicos de todos os tempos, e unha das formacións máis aclamadas do panorama vigués. Two Rocks está formada por Adolfo FH e Fran Vázquez. Dous reputados músicos da escena española que formaron e forman parte dos Cacikes, Stoned At Pompei, Cherokee, Wondercovers, Pa Ti Na Ma, Mitic? etc. entre outros grupos.

Adolfo FH é un músico, compositor e arreglista de Rock que milita en diferentes formacións, sendo Stoned At Pompeii e Os Cacikes as súas principais bandas, ademais de colaborar cunha extensa lista de grupos e artistas tanto en directo como en estudo. A ecléctica forma de tocar de Adolfo FH fusiona estilos como o Heavy Metal, o Blues, a Psicodelia ou o Rock Moderno nunha interesante mestura que lle axudou a participar en numerosos proxectos de diferente índole musical.

Fran Vázquez é un cantante andaluz fincando desde hai uns anos en Vigo, coñecido por estar á fronte de bandas tan importantes como son Cherokee, dos Cacikes e traballa en Pa ti na ma. A súa vida musical empezou a moi temperá idade, sobre os 9 anos xa cantaba nun grupo de rock en Sevilla.

  • Two Rocks - Fran Vazquez y Adolfo Fh

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5