Evento: Elsa Ruiz-Pizza con piña

Elsa Ruiz-Pizza con piña
sábado, 12 setembro, 2020 - 22:00
Multiusos da Xunqueira,
Redondela

Elsa Ruiz-Pizza con piña

Un dos monólogos máis frescos que pasarán pola segunda edición do ciclo de monólogos de Redondela "Humor na súa tinta"

Elsa Ruiz é unha das voces máis frescas que atopamos.

Elsa é unha moza transgénero que fai unha comedia na que o elemento trans sempre está presente.

Empezou a súa carreira no teatro e facendo monólogos onde xa aparecía como muller mesmo antes de empezar a transición e hoxe en día segue sendo unha habitual dos escenarios, pero ademáis engadiu ao seu repertorio aparicións en televisión (sendo colaboradora diaria no programa de catro "Todo Es Mentira"), na radio, ten a súa propia canle de Youtube e publica unha tira cómica semanal en Instagram dado que tamén é unha gran ilustradora.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra