Evento: Erritu

Erritu
venres, 11 setembro, 2020 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Erritu

Encontro entre Kukai Dantza e o prestixioso coreógrafo Sharon Fridman.

É unha viaxe vital que atravesa mediante ritos de paso individuais e colectivos os distintos estados da vida en relación coa natureza e coa comunidade. Estados que van desde o nacemento ao caos, pasando polo deserto da soidade, até chegar ao encontro, o amor e, finalmente, a morte. Os ritos exercen a modo de pontes para tentar descubrir o sentido das conexións entrea nosa existencia individual -cargada de pasado, presente, promesas de futuro e opcións- e a experiencia colectiva ritualizada, sempre referencial pero tamén en movemento e cambio. Espiritualidade, tenrura e decisión persoal danse a man cunha viaxe que, ao final, resulta colectiva pero influída polas traxectorias dos máis conscientes.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal