Evento: Actividades complementarias da exposición Galaicos: Arqueoloxía dos sentidos.
Actividades complementarias da exposición Galaicos: Arqueoloxía dos sentidos.
Taller no que as nenas e os nenos, a través dos sentidos, identificarán unha serie de obxectos que irán descubrindo dentro dunhas caixas de cartón, obxectos que adoitan aparecer nas escavacións arqueolóxicas e que, a través da súa análise, poderán asociar coa vida cotiá de tempos prehistóricos. Con esta actividade preténdese que o alumnado tome conciencia do valor do seu pasado así como transmitir coñecementos da prehistoria de forma lúdica. Tamén se promove o traballo cooperativo e estimúlanse os sentidos e a concentración das nenas e nenos.
Destinatarios: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria
Datas: mércores 15, venres 17, mércores 22 e venres 24 de xaneiro
Hora: a escoller entre dúas quendas, ás 10h ou ás 11:45h
Duración dá actividade: 60 min
Número de alumnado: máximo de 25 por quenda
Executa: Tictura
Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.