Evento: Presentación do documental Nóvoa 1919-2019
Presentación do documental Nóvoa 1919-2019
Presentación do documental Nóvoa 1919-2019
Dirixido por Xurxo Lobato e con guión de Rosario Sarmiento, comisaria da gran mostra que lle está a preparar o Museo.
Neste documental de 18 minutos recóllense os testemuños de persoas que coñeceron ao artista, tanto a nivel persoal como profesional.
Rosario Sarmiento, Celestino García Braña, Xerardo Estévez, Ramón Rozas, Román Pereiro, Sofía Santos, Antón Patiño, Quintana Martelo, Xavier Seoane e Adolfo Sobrino ofrécennos un mosaico de opinións que configuran un perfil sobre a vida e a traxectoria deste artista, do que conserva o Museo de Pontevedra seis obras que documentan os seus distintos períodos creativos.
Ligazóns