Evento: Vermú entre libros coa poeta María do Cebreiro

Vermú entre libros coa poeta María do Cebreiro
sábado, 14 decembro, 2019 - 12:30
Librería Paz,
Pontevedra

Vermú entre libros coa poeta María do Cebreiro

O vermú entre libros de decembro acolle a visita da poeta María do Cebreiro que conversará co tamén poeta Ismael Ramos.

Neste vermú María e Ismael falarán, entre outros temas, do seu último libro editado por Galaxia (Falamos de Libros) ‘A herba de namorar’ que condensa en cincuenta poemas a produción da poeta dende a aparición de ‘O estadio do espello’ en 1998 ata o recente ‘Soños. Arquivos. Cartas’ (2018).

María do Cebreiro é profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela, tamén autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017)

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
10 de maio
Auditorio Casa da Cultura
'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio
Auditorio Centro Social do Mar