Evento: Tecnoloxía entre costuras para a moda do futuro
Tecnoloxía entre costuras para a moda do futuro
mércores, 31 xullo, 2019 a domingo, 19 xaneiro, 2020
Cidade da Cultura sala 2 Biblioteca,
Santiago de Compostela Tecnoloxía entre costuras para a moda do futuro
Con motivo da exposición, a Fundación Barrié organiza actividades didácticas coas que os participantes se imaxinarán como será a moda do futuro. Para iso, achegaranse a novos territorios de expresión e entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais educativos poderán crear as súas propias fotografías luminosas ou accesorios de moda interactivos. En xeral, traballarán coa ferramenta Scratch e a placa Makey Makey. No desenvolvemento dos proxectos adquirirán coñecementos de electrónica básica e programación, e exercitarán destrezas manipulativas como coser, debuxar, cortar ou pegar.