Evento: Proxección de 'O meu fermoso cerebro roto' ('My Beautiful Broken Brain'. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014)
Proxección de 'O meu fermoso cerebro roto' ('My Beautiful Broken Brain'. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014)
A sesión comeza coa proxección de 'O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido'. Trátase dunha animación producida por FEGADACE e elaborada por Miguel Gallardo.
'O meu fermoso cerebro roto' ('My Beautiful Broken Brain'), de Sophie Robinson e Lotje Sodderland, constitúe unha reflexión autobiográfica sobre a fraxilidade do cerebro e os cambios na vida despois do ictus hemorráxico sufrido pola productora de documentais de 34 anos Lotje Sodderland. Sodderland comezou a gravar o proceso de recuperación co seu teléfono e de seguido pediu o apoio da documentalista Sophie Robertson. Ambas conseguiron implicar tamén a David Lynch, que produce, apadriña e narra o filme, ademais de introducir a súa poética na explicación sobre a lesión cerebral e as súas secuelas e as sensacións que provocan, para o que empregan desde os testemuños directos de Lotje ata efectos especiais.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual