Evento: Proxección de 'Anxos sen paraíso' ('A Child is Waiting'. John Cassavetes, 1963)

Proxección de 'Anxos sen paraíso' ('A Child is Waiting'. John Cassavetes, 1963)
xoves, 31 outubro, 2019 - 19:00
Auditorio Afundación,
Santiago de Compostela

Proxección de 'Anxos sen paraíso' ('A Child is Waiting'. John Cassavetes, 1963)

Ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' (FEGADACE)

A sesión comeza co vídeo 'O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido'. Trátase dunha animación producida por FEGADACE e elaborada por Miguel Gallardo. A seguir, poderase ver o filme 'Anxos sen paraíso' ('A child is waiting'), de John Cassavetes.

Na película, Jean Hansen é profesora de música nun colexio para nenos con necesidades especiais. Alí coñece a Reuben, que non recibe visitas familiares e ao que enche de atención e agarimo, o que lle crea problemas co director do centro, que considera a súa actitude contraproducente. A película foi filmada nos anos 60 en colaboración co hospital de Pomona; o seu reparto está composto por nenos e nenas con diferentes discapacidades intelectuais e problemas de saúde mental.

Grazas a esta cinta podemos reflexionar sobre a evolución da consideración familiar e social da discapacidade, a sobreprotección, e os diferentes modelos de atención que se levan practicado ao longo dos anos.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Rock Bottom
3 de maio
Filmoteca de Galicia
Querer* (capítulos 1 e 2)
6 de maio
Filmoteca de Galicia
Querer* (capítulos 3 e 4)
7 de maio
Filmoteca de Galicia
Corazón salvaje
7 de maio
Filmoteca de Galicia