Evento: Perseidas 2019

Perseidas 2019
sábado, 10 agosto, 2019 - 12:00
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica (San Cibrao de Las),
San Amaro

Perseidas 2019

VI Noite das Perseidas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

O vindeiro sábado 10 de agosto celébrase a sexta edición da Noite das Perseidas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, en San Cibrao de Las (Ourense). Esta é unha experiencia para descubrir e sentir a maxia de Lansbrica: unha cidade sen igual que quere conquistar a todos os asistentes. Como novidade este ano, as actividades amplíanse a case toda a xornada:

  • 12.00h - 21:00h LANSBRICA VIVE: recreación histórica e visitas comentadas á área arqueolóxica.
  • 20.00h TITIRICIRCUS: espectáculo de Tanxarina Títeres con marionetas de fíos e actores para todos os públicos.
  • 21.30h Á LUZ DAS CANDEAS: cea temática no interior do castro de San Cibrao de Las.
  • 23.00h A CIDÁ DAS ESTRELAS: percorrido nocturno pola área arqueolóxica.
  • 00.30h A MAXIA DE PERSEO: actividade de observación e explicación do ceo nocturno a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).

Os organizadores convidan a todos os interesados a vivir unha experiencia única e a viaxar no tempo á cidade galaica de Lansbrica.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense