Evento: Rompetiño Jump
Rompetiño Jump
O 'Rompetiño Jump' é un evento anual musical, deportivo e cultural que ten como obxectivo achegar a cultura urbana de forma conxunta, para así poder disfrutar deste tipo de festivais dun xeito diferente. O evento está dirixido a xente nova vinculada á estética urbana, deportes de risco, amantes da natureza, a música rap trap e electrónica.
O 'Rompetiño Jump' conta cun skatepark onde se realizan varias competicións como BMX, rolar ou scoote. Tamén disfrutaremos eses días de modalidades como breakdance, flatland, graffiti, roller ou outras exhibicións artísticas. Complétase cunha zona de tendas para a venda de distintos productos, foodtrucks, perruquería, tatuaxes, pearcings e servizo de bar e terrazas. Contaremos este ano con Kids Zone a cargo da Escolástica Infantil Agasalle.
Ten unha duración de tres días de concertos e exhibicións musicais e deportivas.
Máis eventos de tipo Festival