Evento: Xose Lois Romero & Aliboria
Xose Lois Romero & Aliboria
Despois de editar o seu primeiro disco en 2016 cunha proposta arriscada e rompedora de canto e percusión tradicionais, Xosé Lois Romero & Aliboria preséntannos agora o seu segundo disco no que deixan claro que viñeron para quedar e que a súa proposta non so non se limita a versionar repertorio tradicional senón que ven a situarse radicalmente na contemporaneidade máis absoluta, sen complexos nin limitacións previas. A súa forza, calidade e orixinalidade fanse evidentes nos seus concertos que están a provocar o respecto e admiración de todo o público, tanto do iniciado no folclore coma do que escoita por primeira vez as voces telúricas das mulleres de Aliboria coas harmonías e os anovadores arranxos para percusión tradicional de Xosé Lois Romero que mesturan maxistralmente tixolas, latas, bombos, tambores, pandeiros, pandeiras, pandeiretas, sachos, cunchas, tarrañolas, charrasco, piñas e un sinfín de sonoridades máis.
Un espectáculo de cor, sorprendente e orixinal, con toda a alegría e a enerxía do folclore galego.
Máis eventos de tipo Concerto