Evento: XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

  • Mostra Teatro Cangas
XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
venres, 28 xuño, 2019 a sábado, 6 xullo, 2019
varios espazos,
Cangas

XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Cita obrigada para desfrutar de diferentes espectáculos en directo

Dende hai 36 anos Cangas converte os seu patrimonio arquitectónico en diferentes escenarios. Praias, xardíns, pistas polideportivas, adros, capelas e prazas acollen a espectadores chegados de distintos lugares para desfrutar dos mellores espectáculos teatrais.

A igualdade e o humor son os eixos sobre os que xira esta Mostra, que ademais de espectáculos ofrece distintos obradoiros e conferencias. Este ano o pregón da Mostra correrá a cargo do actor e director Quico Cadaval.

No programa desta edición estrearanse as seguintes obras:

  • A Illa das Matriarcas: unha coprodución galego inglesa das compañías Aporia Escénica e Theatre of Ancients.
  • Crunch: unha coprodución da compañía galega Muuu e da Mostra.
  • La Gran Ofensa: de la Bendita Compañia e El Terrat (Cataluña).
  • Proxecto Cuco. Cultura contra o cambio climático: coprodución da Mostra con Teatro Tío Teixo.
  • C’est pas possible: de Sempre Arriba coproducida pola Mostra.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi
Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña
Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto
Praza da Igrexa